terra


Volvo
pousar os pés nesta terra
 blanda
 acordei un trato co tres
 e dispoño así:
un
 un
 un
 amizei cos números
 e agora
 se me representan
 espidos e claros
 falaríache do círculo
 do tres e do catro
 do seis e do oito
 mais era
 volvo
 a esta terra blanda e verde
 que me fala por boca da pedra
 invitada ao baile do un
 afundindo os pés
 erguendo os brazos
libero unha densa esfera
 fíncase na terra
na que resona o meu eco 
 e sei que podo partir

Comentarios