Da illa,
a terra, firme
me sinala
os límites,
o mar encontra
a area
os limos,
rochas
labradas,
grises,
matices, azuis,
néboas mornas,
o tempo é unha
familia de cangrexos
lentamente
retrocede
fenece o verán
o péndulo
apenas oscila
preguiza
profunda
resístome a abandonar este espazo
contraccións petan na porta de saída
e porén,
os ocres se me
aparecen
faíscas
tamén as
landras baten no chan
no
entrementres da sombra
resístome a gardarme
mascar as
broullas da estación
pasada
mais…
é asi que
palpito
tantos anos e
tantos que virán
dóeme o gozo
presintoo
sólido e quieto
do frío que xa
ocupa as noites
os días
que xa lle
rouban horas
e é así,
que coronando
a pedra
lle pido:
no me esquezas
aínda quero máis

Comentarios
Publicar un comentario