cunca ceo









unha cunca levada
 ao ceo
 lúa
 eres ti esta noite
 dura, fría, redonda,
 gostaría do teu xenio
 mais son eu,
cunca
 na terra
 pousada
 feble do raio que fura
 bágoa que chora
 un corazón aberto
 lúa impoñente
de capa branca
mais son eu
cunca na terra
burato que chora
 bágoas
 estou viva
 imperfecta
 berrando
 son a dona feita de lúa
 e de terra
 unha cunca
 elemental
 chea de forma
 reflexo
 nas noites claras

Comentarios

  1. O seo do baleiro; o ciclo das estacións, o que sucede nas xemas dos dedos antes de descubrirmos o tacto. E esa luz que abre cada unha das nosas cavidades insospeitadas.
    Grazas polo poema
    Bicos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario