II
POEMA DE AMOR
ACHEI, xa, a miña figura
ausente
neste segundo,
extenso
extenso
derivándo-te, fóra e a-dentro.
Creo que perturbo o teu silencio
ambiguo (de berros golpes, tontos)
cando non te flúo
e se é así, que me escindo
unha soa en te,
ámasme, e ámote.
Calada do ruido que falas
Ónde estás, preguntas,
Dende aquí te vexo,
menguante
menguante
se me menguas
Agora
Sentindo a miña figura
presente,
con pausa extensa
con pausa extensa
onde caben, infinitas
quérote, désexote, quérote
máis intenso
De novo
De novo
Comentarios
Publicar un comentario