O seu proceso de morte regalounos unha intimidade descoñecida
... porque a morte é unha saída, e todos nos quereríamos aquí,
el,
durante quince longos días, foinos preparando para o pasamento,
"déjalo hombre,
ya marchará cuando él quiera",
e así,
pouco a pouco,
hora a hora,
día a día,
foi debullando unha despedida,
xenerosamente dispoñéndonos, abraiándonos coa súa resistencia, fortaleza, apego,
ao aire que nos respira,
porque o aire nos respira,
vénos regalado,
e nós, só temos que abrirnos á vida,
por iso,
el,
ensinounos que abrirse á morte é
abrirse á vida, que a vida nos respira,
e nos quere aquí
Comentarios
Publicar un comentario