aliñación




Quixen pintar unha rosa
e só puiden pintar espiñas
quixen cantarlle ás andoriñas
 e sú unha voz muda me falou,
quixen ser a ave soñada
 e vinme de novo engaiolada
 pensei ter cortado os fíos
 e resultei presa dunha áncora
Crendo ter viaxado tanto
 atopeime no mesmo punto
e cánto longo é o camiño!
e cánta vida para vivilo!
Se puidera pintar a rosa
que tan ben arrecendía,
Se puidera cantarlle á ave
que tan libre me facía
Se puidera amarme alto
Qué tan libre eu sería!

Comentarios

  1. Saint-Exupery escribe en el Principito.....
    El tiempo que pasaste cuidando tu rosa, hace que esta sea tan importante.......
    El concepto de libertad es tan abstracto como ese tiempo atrapado en tu poema......

    ResponderEliminar
  2. gracias por el comentario. El tiempo como una espiral que se expande o que converge

    ResponderEliminar
  3. Ei......¿Que pasa.....non lexo mais poemas den MAio....veño que quero mais......Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. hai máis, tamén os debuxos, en xuño e xullo. Temos que facer xuntanza poética...

      Eliminar

Publicar un comentario